Infórmate > Noticias 

Noticias 

PENÚLTIMA ETAPA DO CAMIÑO
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

21/05/2018

Este domingo 20 de maio completouse a etapa entre Aldea de Hospital e a praia de Sardiñero.

 

 

75 persoas da Asociación ASPAS participaron este domingo na penúltima etapa do Camiño de Santiago entre a parroquia de Aldea de Hospital e a praia de Sardiñeiro.

Na ruta, de 20,5 quilómetros, estiveron presentes usuarios, familiares, profesionais, voluntarios e amigos da entidade nunha agradable xornada de convivencia e compañeirismo. Os camiñantes dirixíronse cara ao lugar de saída desde Santiago e iniciaron a marcha ás 10.45 horas ata o encontro para a comida en Cee sobre as 14.00 horas, retomouse o camiño e ao redor das 17:00 horas produciuse a chegada á praia de sartdeñeiro.

Nesta etapa o bo tempo acompañou durante todo o día e as persoas que quixeron tiveron a oportunidade de probar a auga de mar á chegada á praia de Sardiñeiro.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org