Infórmate > Noticias 

Noticias 

Terceira etapa do camiño Santiago-Finisterre
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

07/05/2018

A asociación realizou este sábado a ruta de 17 quilómetros entre a parroquia de Santa Mariña e Aldea de Hospital. Nas próximas semanas completaranse as dúas últimas etapas desta actividade.

 

 

71 persoas da Asociación ASPAS participaron este sábado na terceira etapa do Camiño de Santiago entre a parroquia de Santa Mariña e Aldea de hospital. Na ruta, de 17 quilómetros, estiveron presentes usuarios, familiares, profesionais, voluntarios e amigos da entidade nunha agradable xornada de convivencia e compañeirismo.

Os camiñantes dirixíronse cara ao lugar de saída desde Santiago e iniciaron a marcha ás 10.30 horas. Nesta etapa o bo tempo acompañou durante todo o día. Tras o encontro para a comida na casa Loncho na parroquia de Olveiroa, retomouse o camiño e ao redor das 17:00 horas produciuse a chegada a Aldea de Hospital.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org