Noticias
FINALIZADA PRIMEIRA ETAPA: SANTIAGO - NEGREIRA
68 persoas remataron con éxito este primeiro tramo entre as localidades de Santiago e Negreira. A segunda etapa, que se realizará este domingo 29 de abril, ten un percorrido de 21´5 quilómetros, dende Negreira ata a aldea de Santa Mariña.
27/04/2018 | Santiago de Compostela
ASPAS completou con éxito a primeira etapa do Camiño de Santiago este sábado 21 de abril. Un total de 68 persoas entre usuarios, familiares, amigos, voluntarios e profesionais fixeron este primeiro tramo entre as localidades de Santiago e Negreira.
A xornada arrincou á primeira hora da mañá do Praza do Obradoiro percorrendo uns 15 km ata a localidade de Trasmonte (Concello de Ames) donder fíxose unha pausa para a comida, que tivo lugar no Local Social. Tras repoñer forzas continúase a camiñada ata a poboación de Negreira onde agarda un autobús para o regreso a Santiago, decir que, neste día o bo tempo acompañou durante toda a xornada
A segunda etapa realizarase este domingo 29 de abril e consta dun percorrido de 21´5 quilómetros ata a aldea de Santa Mariña, concello de Mazaricos.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias