Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 24/10/2017 | Discurso de Marcelo de la Cruz

ASPAS inaugura a exposición do seu 50 Aniversario no Parlamento de Galicia

O presidente da Asociación, Marcelo de la Cruz, e o da Cámara galega, Miguel Santalices, encabezaron un acto no que estiveron presentes usuarios, profesionais e familias de ASPAS, acompañados por representantes de todos os grupos parlamentarios e de FADEMGA Plena Inclusión Galicia. A mostra permanecerá aberta neste espazo ata o venres 27.

24/10/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS inaugurou este luns a exposición conmemorativa do seu 50 Aniversario no Parlamento de Galicia. Este acto, encabezado polo presidente de ASPAS, Marcelo de la Cruz, e o da Cámara galega, Miguel Santalices, contou coa presenza de usuarios, profesionais e familias da entidade, acompañados por representantes de todos os grupos parlamentarios e de FADEMGA Plena Inclusión Galicia. A mostra permanecerá aberta neste espazo ata o venres 27.

Na súa intervención Marcelo de la Cruz asegurou que "é unha honra" inaugurar a esposición no Parlamento antes de facer un breve repaso polos 50 anos de historia de ASPAS que se exhiben nela. Ademais, indicou que esta institución "debe establecer as condicións para que os dereitos das persoas con discapacidade intlectual sexan efectivos" e instou a desenvolver as normas que o fagan posible.

Pola súa banda, Miguel Santalices incidiu no "esforzo da Cámara por abrirse a toda a sociedade” acollendo iniciativas coma esta e animou aos asistentes ao acto inaugural a coñecer e utilizar as diferentes vías de participación cidadá habilitadas polo Parlamento. Ademais, anunciou a convocatoria para unha praza de uxier reservada a persoas con dispacacidade intelectual. Ao finalizar os discursos, amabas entidades intercambiaron agasallos.

Con posterioridade a expedición de ASPAS tivo a ocasión de facer unha visita guiada ao Parlamento cun percorrido polas diferentes salas do edificio, sendo especialmente rechamantes as bibliotecas, nas que se poden atopar traballos realizados no taller de manipulado da asociación. A visita finalizou no salón de plenos da Cámara galega, onde os membros de ASPAS puideron ocupar os escanos dos deputados e deputadas, e mesmo un dos usuarios dedicou unhas palabras aos seus compañeiros dende a tribuna de oradores.  

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > 50º Aniversario

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org