Cookies


Noticias 

© Asociacion ASPAS | 19/05/2017 | Visita grupo municipal PP 1

O grupo municipal do PP de Santiago visita ASPAS

Os concelleiros Agustín Hernández e María Corral fixeron un percorrido polas instalacións dos centros de San Marcos e de Laraño para coñecer as actividades da asociación.

19/05/2017 | Santiago de Compostela

O grupo municipal do Partido Popular de Santiago visitou ASPAS este venres para coñecer as instalacións e as actividades que se levan a cabo nos centros da asociación. Os concelleiros Agustín Hernández e María Corral realizaron un percorrido polas dependencias de San Marcos e de Laraño, acompañados polo presidente da entidade, Marcelo de la Cruz, pola vicepresidenta, María José Andrade, e polo xerente, Javier García.

A visita comezou cunha reunión na Sala de Xuntas de San Marcos para despois ir á zona de talleres e observar a actividade dos usuarios do centro ocupacional. Así, pasaron pola Unidade de Atención Personalizada (UAP), os talleres de cestería, manipulado e cerámica e a aula de formación. En cada unha destas estancias, os concelleiros foron informados do traballo que se realiza nelas e das dinámicas propias de cada actividade. A continuación, foron guiados pola zona das vivendas comunitarias, os invernadoiros, a cociña e o ximnasio. Por último, desprazáronse ao centro Juan Vidán Torres de Laraño, onde se lles explicou o traballo que alí se desenvolve. 

ASPAS agradece a visita do grupo municipal do PP e as súas palabras de apoio á labor que realiza a entidade.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org