Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 13/03/2017 | Visita estudantes atención dependencia 1

Estudantes de Atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Compostela visitan ASPAS

Un grupo de alumnas deste ciclo formativo de grao medio coñeceron as instalacións e as actividades que realizamos no centro ocupacional e nas vivendas. Algunhas delas farán prácticas na asociación a partir do mes de abril.

13/03/2017 | Santiago de Compostela

Estudantes do ciclo formativo de grao medio de Atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Compostela visitaron ASPAS este luns para coñecer as instalacións e as actividades que realizamos no centro ocupacional e nas vivendas de San Marcos. Algunhas destas alumnas realizarán prácticas laborais na asociación a partir do mes de abril.

O grupo comezou a súa visita no salón de actos, onde asistiron a unha presentación xeral de ASPAS. Despois realizaron un percorrido no que visitaron a Unidade de Atención Personalizada (UAP), os talleres de fomación ocupacional de cestería, manipulado e cerámica e a aula de formación. En cada unha das estancias, os monitores e os usuarios explicaron en que consiste o seu traballo e as dinámicas propias de cada actividade. Finalmente, as estudantes acudiron ás vivendas comunitarias, onde tamén foron informadas da organización das tarefas diarias e da convivencia entre si dos usuarios.

ASPAS agradece a visita das alumnas de Atención a persoas en situación de dependencia e agardamos que aquelas que realicen as prácticas connosco teñan unha experiencia enriquecedora de cara ao seu futuro laboral.

 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org