Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 24/02/2017 | Festa Carnval 1

ASPAS celebra a festa de Carnaval cun desfile de disfraces e moita diversión

Emoticonos de whatsapp, vampiros, demos, bruxas, policías, indios, superheroes e ata unha bailarina exótica foron algúns dos traxes que se puideron ver despois dunha comida cos produtos típicos desta data. Todos os participantes levaron un diploma e un agasallo.

24/02/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS celebrou este venres a festa de Carnaval no Centro Ocupacional de San Marcos. Os usuarios e profesionais participaron activamente na celebración lucindo orixinais disfraces nun desfile no que as risas, a música e a diversión foron as protagonistas.

Algúns dos disfraces comezaron a verse xa dende primeira hora da mañá, pero foi a partir da hora de comer cando os usuarios e profesionais luciron xa os seus personaxes. Na comida tivemos os produtos típicos destas datas datas con cocido como prato principal e as tradicionais orellas e roscas de postre. A continuación a festa trasladouse ao Salón Multiusos, onde tivo lugar o desfile de disfraces.

Emoticonos de whatsapp, vampiros, demos, bruxas, policías, indios, superheroes e ata unha bailarina exótica foron algúns dos traxes que se puideron ver. Todos os participantes levaron un diploma e un agasallo para rematar a celebración bailando e cantando todos xuntos.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org