Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 09/12/2016 | Visita Integración Social 1

ASPAS recibe a visita de alumnos do ciclo superior de Integración Social do CIFP Compostela

Os estudantes fixeron un percorrido polas instalacións de ASPAS para coñecer as actividades que se realizan no centro de San Marcos. 

09/12/2016 | Santiago de Compostela

Alumnos e alumnas do ciclo superior de Integración Social do CIFP Compostela visitaron este venres as instalacións da Asociación ASPAS en San Marcos para coñecer de preto as actividades que realizan os usuarios e profesionais do centro.

A visita dos estudantes comezou cunha presentación xeral de ASPAS na sala de xuntas. Posteriormente repartíronse en dous grupos e dirixíronse aos talleres de formación ocupacional, onde os usuarios de cada un deles foron os encargados de explicar o traballo que realizan. O percorrido rematou nas vivendas, onde se lles informou de como se organiza a convivencia e as tarefas diarias.

Agradecemos aos estudantes e docentes do ciclo de superior de Integración Social do CIFP Compostela a súa visita e desexámoslles que teñan un bo curso.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org