Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 29/11/2016 | Visita TAFAD 1

Estudantes do ciclo superior de TAFAD do Instituto Rosalía de Castro visitan ASPAS

Os alumnos que se preparan para ser Técnico Superior en Actividades Físicas e Animación Deportiva acudiron ás nosas instalacións para coñecer as nosas actividades, especialmente as relacionadas co deporte adaptado a persoas con discapacidade intelectual.

29/11/2016 | Santiago de Compostela

Estudantes do ciclo de Técnico Superior en Actividades Físicas e Animación Deportiva (TAFAD) do Instituto Rosalía de Castro de Santiago visitaron ASPAS este martes para coñecer as nosas instalacións e as actividades que realizan os nosos usuarios e profesionais, especialmente as relacionadas co programa de deporte adaptado a persoas con discapacidade intelectual, posto que reciben formación específica nesta materia.

A visita comezou cunha presentación xeral de ASPAS para logo pasar a coñecer, en primeiro lugar, os talleres de formación ocupacional. Guiados por dúas das nosas usuarias foron pasando polo Unidade de Atención Personalizada (UAP), a aula de formación, cestería, cerámica e manipulado, onde foron os propios usuarios de cada estancia os que realizaron as explicacións sobre a súa actividade.

Posteriormente, a expedición dirixiuse á zona de cociña e comedor e ao ximnasio, onde as usuarias realizaron unha completa descrición da actividade física e dos deportes que se practican en ASPAS. A visita rematou nas vivendas comunitarias, nas que puideron coñecer as diferentes claves nas que se organiza a convivencia neste espazo.

Agradecemos aos estudantes e profesores de TAFAD do Instituto Rosalía a súa visita e desexámoslles éxito na súa actividade formativa e laboral. 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org