Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 08/11/2016 | Curso fotografía 1

Os usuarios de ASPAS amosan a súa destreza coa cámara no curso de fotografía

Entre os meses de febreiro e xullo persoas con discapacidade intelectual asistiron a unha formación nesta materia e realizaron saídas a diferentes zonas de Santiago para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

08/11/2016 | Santiago de Compostela

Os usuarios e usuarias de ASPAS tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo da fotografía e adquirir novas habilidades nesta materia a través dun curso realizado nas instalacións de San Marcos entre os meses de febreiro e xullo. Esta experiencia foi posible grazas á colaboración dun dos nosos voluntarios, Martín Gómez, quen ademais acomapañou aos alumnos a diferentes zonas da cidade de Santiago de Compostela para poñer en práctica os coñecementos adquiridos. 
 
As sesións comezaron no mes de febreiro con dous grupos e fóronse realizando cunha periodicidade de 15 días aproximadamente. Nelas, os alumnos puideron familiarizarse con conceptos como o encadre, o enfoque, a composición ou a intensidade da luz para despois poñelos en práctica e retratar as instalacións de ASPAs, os seus compañeiros e o seu entorno próximo. Ademais, lugares de Santiago de Compostela como a Cidade da Cultura, a Praza de Abastos, o Parque de Bonaval ou a Praza do Toural quedaron inmortalizados polos obxectivos dos nosos fotógrafos.
 
Nas imaxes que acompañan este texto pode observarse parte do traballo realizado. Agardamos darlle continuidade a esta experiencia nos próximos meses. 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org