Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 25/10/2016 | Usuarios de ASPAS na viaxe a Pineda del Mar

Aberta a convocatoria para o programa de vacacións Imserso- Fademga Plena Inclusión Galicia

Entre o 24 de outubro e o 14 de novembro está habilitada a solicitude de prazas para as viaxes que se realizarán no primeiro semestre de 2017. Este programa é aberto a persoas con discapacidade intelectual que reúnan os requisitos que se establecen, estean ou non asociadas a unha entidade.

25/10/2016 | Santiago de Compostela

A convocatoria para o programa de vacacións Imserso- Fademga Plena Inclusión Galicia abriuse este luns 24 de outubro e ata o 14 de novembro as persoas interesadas poden solicitar a súa praza para as viaxes que se realizarán no primeiro semestre de 2017. 
 
Este programa, executado a través de Plena inclusión, grazas ao cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, é aberto a persoas con discapacidade intelectual que reúnan os requisitos que se establecen, estean ou non asociadas a unha entidade. Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse na web de Fademga nesta ligazón: http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/component/phocadownload/category/70-programa-de-ocio-vacacions-imserso
 
O obxectivo do programa é facilitar a vida independente e lograr a máxima integración persoal e social das persoas con discapacidade, mediante a realización de turnos nas condicións de maior accesibilidade, facilitando o acceso das persoas aos bens de ocio, da cultura e da natureza, así como o descanso das familias que teñen ao seu cargo persas con discapacidade. 
 
Entre o 23 e o 30 de abril deste ano tres persoas usuarias de ASPAS pasaron unha semana de vacacións en Pineda del Mar (Barcelona) na última viaxe realizada a través deste programa. Alí puideron disfrutar deste municipio costeiro en compañía doutras persoas con discapacidade intelectual e realizar diferentes visitas a lugares de interese e actividades de ocio. 
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org