Infórmate > Noticias 

Noticias 

O equipo de ASPAS suma dúas vitorias nos Xogos Autonómicos de Fútbol Sala
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

17/10/2016 | Santiago de Compostela

O conxunto formado por usuarios da Asociación ASPAS conseguiu o primeiro posto do seu grupo no torneo organizado por Special Olympics Galicia.

1 de 1

O equipo de ASPAS sumou dúas vitorias e conseguiu o primeiro posto do seu grupo na 21ª edición dos Xogos Autonómicos de Fútbol Sala-Trofeo Carlos Outeiriño, disputado o pasado sábado 15 de outubro no Pavillón Polideportivo Municipal Vista Alegre de Burela. O torneo, organizado por Special Olympics Galicia, contou coa participación de equipos formados por persoas con discapacidade intelectual de asociacións e colectivos procedentes de toda Galicia. 
 
O evento comezou cun acto de inauguración no que se presentaron todos os equipos participantes. Posteriormente iniciouse a competición, na que o conxunto de ASPAS quedou encadrado no seu grupo co Centro Juan María de Nigrán e a Asociación AS Burgas de Ourense. No encontro disputado contra os primeiros ASPAS gañou 5-0, e no xogado contra os ourensáns conseguiu un resultado favorable de 4-1. Deste xeito, ASPAS fíxose co primeiro posto do grupo. A xornada finalizou coa ceremonia de clausura e a entrega de trofeos. 
 
ASPAS agradece a todos os voluntarios e deportistas que participaron no torneo a súa implicación para facelo posible. A participación nestes eventos contribúe enormemente ao programa de actividades deportivas que desenvolvemos para as persoas con discapacidade intelectual, orientado tanto ao seu coidado e mantemento físico, como á aprendizaxe de deportes variados. 

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Programas > Deportes

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org