Infórmate > Noticias 

Noticias 

Os deportistas de ASPAS, satisfeitos coa súa actuación na vixésima edición dos Xogos Autonómicos de Natación
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

07/10/2016 | Santiago de Compostela

O evento, organizado por Special Olympics Galicia, celebrouse o 1 de outubro na piscina Rosario Dueñas do Pavillón Os Remedios de Ourense e contou con máis de 350 participantes.

1 de 1

Os deportistas de ASPAS regresaron satisfeitos coa súa actuación na vixésima edición dos Xogos Autonómicos de Natación. O evento, organizado por Special Olympics Galicia, coa colaboración de Fademga Plena Inclusión e promovido pola Asociación As Burgas, celebrouse o pasado 1 de outubro na piscina Rosario Dueñas do Pavillón Os Remedios de Ourense e contou con máis de 350 participantes.
 
Catro nadadores de ASPAS particparon nas probas de 25 metros estilo libre en tres series diferentes. Nelas, Vicente acadou o primeiro posto da súa serie, Olivier conseguiu o segundo na súa e Francisco e Daniel remataron en oitava posición. Na xornada, que levaba por lema "Quero gañar, mais se non o consigo deixádeme ser valente no intento", déronse cita máis de vinte equipos para participar en quince categorías.

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Programas > Deportes

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org