Infórmate > Noticias 

Noticias 

Comeza a temporada de actividades deportivas en ASPAS
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/10/2016 | Santiago de Compostela

Fútbol sala, baloncesto, atletismo, ciclismo, golf, natación, seco e ximnasia son os deportes incluídos neste programa, encamiñado tanto ao coidado e mantemento físico das persoas con discapacidade como á aprendizaxe.

Durante os meses de setembro e outubro comeza a temporada de actividades deportivas en Aspas. Fútbol sala, baloncesto, atletismo, ciclismo, golf, natación, seco e ximnasia son os deportes incluídos neste programa, encamiñado tanto ao coidado e mantemento físico das persoas con discapacidade como á aprendizaxe.

O día 5 de setembro tivemos a primeira xornada de ciclismo, realizando dende entón saídas en bicicleta de montaña os luns, martes e mércores ás 18.30 horas. O 28 de setembro foi o turno para o golf, no que teremos sesións todos os mércores de 12.00 a 13.30 horas en Ames en colaboración co Real Aeroclub de Santiago. O 6 de outubro celébranse as primeiras xornadas de fútbol sala e baloncesto no Pavillón de Santa Isabel, onde estaremos practicando estes deportes os xoves de 18.00 a 19.30 horas. Ao día seguinte, 7 de outubro, iníciase a actividade de seco, que terá continuidade todos os venres de 11.00 a 12.00 horas no Pavillón do Restollal. O atletismo comeza o 10 de outubro e contaremos con sesións todos os luns de 12.45 a 13.45 en San Lázaro. Por último, xa no mes de novembro, dará comezo a natación. A utilización destas instalacións é posible a través da colaboración co Concello de Santiago. Ademais, durante toda a semana temos sesións no ximnasio en diferentes horarios nas instalacións de ASPAS en San Marcos.

As actividades deportivas son desenvolvidas por voluntarios e coordinadas por persoal da Asociación ASPAS. Neste programa combínanse actividades diarias e semanais con outras máis puntuais nas que se busca unha implicación e colaboración de administracións, e organizacións deportivas da nosa contorna como medio de integración social.

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Programas > Deportes

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org