Infórmate > Noticias 

Noticias 

ASPAS recibe unha axuda do Parlamento de Galicia para o programa de respiro e/ou emerxencia familiar
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/08/2016 | Santiago de Compostela

A Cámara galega aporta 3.000 euros para o desenvolvemento deste proxecto.

A Asociación ASPAS recibiu este mes a concesión dunha axuda do Parlamento de Galicia para o programa de respiro e/ou emerxencia familiar. A Cámara galega aporta 3.000 euros para o desenvolvemento deste proxecto, que dá resposta á demanda das familias de ASPAS dun servizo que cubra en momentos puntuais a atención do seu membro con discapacidade cando no entorno familiar xorden emerxencias ou situacións de estrés.
 
Con este proxecto búscase establecer un programa de estancia temporal para dar apoio ás familias na atención á persoa con discapacidade intelectual neses momentos de cansazo, estrés ou emerxencia. As xornadas de respiro están tuteladas por monitores que dan asistencia nas actividades da vida diaria, nas que tamén se promove a autonomía dos usuarios, e realizaranse en dúas vivendas das que dispón ASPAS no centro de Santiago de Compostela.   
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Programas > Respiro/Emerxencia Familiar

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org