Cookies


Noticias 

ASPAS e PRODEME, fin de semana ciclista na ruta á Fisterra.

Os grupos Ciclistas das Asociacións ASPAS e PRODEME completaron a ruta a Fisterra nun fin de semana de deporte e convivencia.

11/07/2016 | Santiago de Compostela

Os grupos, formados por 9 ciclistas de ASPAS y 13 de PRODEME, concentrados na sede da Asociación ASPAS na mañá do sábado 9 de xullo, saen o redor das 10h. camiño da Praza do Obradoiro para realizar dende alí o último tramo que os peregrinos adoitan facer de cara ó “Fin da Terra”.
Tras a foto de grupo ante a catedral, saen cos bidóns cheos de auga fresca nun día que ameazaba caloroso. Pasado o Alto do Vento, e tras o primer pinchazo emendado con presteza, se reagrupan e cargan de novo os bidóns nas fontes do camiño.
A subida polo Catiñeiro do Lobo fixo poñer pé en terra a varios membros do grupo, só os máis deportistas fixérona en bicicleta. Primeira “proba” antes de reencontrarse en Negreira para comer e deixar pasar as horas de máis calor.

A brisa e a abundante sombra do camiño fixeron que a ruta da tarde transcorrese con normalidade, formándose distintos grupos en función do ritmo, que foron chegando ao albergue O Loncho, en Olveiroa, entre as 18 e 19 horas. Duchas, relax, convivencia, cea e a descansar!

Amence o domingo con néboa e orballo ocasional, preséntase unha agradable mañá para ir en bicicleta pero a caída de tres compañeiros, sen consecuencias graves, na baixada a Cee resulta a nota máis desagradable da xornada.
Con precaución os ciclistas continúan camiño e agrúpanse en Fisterra, subindo todos xuntos ao faro para dar por finalizada a ruta e realizar as fotos de rigor.

Tras unha estupenda comida no pobo, a cómoda volta a Santiago en autobús pon broche final a un agradable e esforzado fin de semana que xa queda para o recordo.

Con ganas xa de repetir a aventura, o novo grupo de ciclistas de ASPAS xa está a pensar nalgunhas cositas........ con que nos sosprenderán? 

¡Parabén campións!

Arquivada en:
Infórmate > Imáxenes
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org