Cookies


Noticias 

Curso de Lectura Fácil en Fademga

A pasada semana un grupo de 4 persoas da Asociación ASPAS participaron nun curso de lectura facil organzado por FADEMGA Plena Inclusión Galicia.

27/09/2016 | Santiago de Compostela

Durante a xornada do luns 19 e martes 20 de Setembro, os 4 compañeiros do Centro Ocupacional: D.G., F.L.e J.A.B., xunto coa Responsable de Calidade da entidade, participaron con moito interese no curso de lectura fácil que a Federación FADEMGA- Plena Inclusión Galicia organizaba no seu camiño de difusión deste labor que facilita e achega a información a todo o mundo, non só ás persoas con discapacidade intelectual.

Un exemplo diso, exposto no devandito curso, é o caso da primeira sentenza xudicial de incapacitación en lectura fácil, que axuda a entender o contido e repercusión da mesma non só á persoa con discapacidade, senón tamén a todo profano na materia.

Con moitas ganas de poñer o noso granito de area, as persoas da Asociación ASPAS participantes neste curso, traballaremos para facer a nosa Asociación máis "fácil".

Ver fotos

 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org