Cookies


Noticias 

Entrega de premios Tarxetas de Nadal 2015.

Entrega dos agasallos do 20º Certame de Tarxetas de Nadal Special Olympics Galicia.

20/01/2016 | Santiago de Compostela

O Conselleiro de Política Social, D. Manuel Rey Varela, fixo entrega dos agasallos do 20 Certame de tarxetas de Nadal Special Olympics Galicia, acompañado da xunta directiva desta entidade e de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

O Certame de Tarxetas de Nadal é unha das citas clásicas e conta cunha gran aceptación entre tódalas entidades galegas que traballan en prol das persoas con discapacidade intelectual.

Todos os participantes da Asociación ASPAS no certame acudiron a recoller o seu agasallo, en especial a nosa compañeira Pilar Reimúndez Rivas que obtivo o 1º posto da categoría B, modalidade 1, e a súa será una das tarxetas coas que FADEMGA Plena inclusión Galicia e Special Olympics Galicia felicitarán o Nadal 2016.

¡A nosa noraboa Pilar!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org