Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 19/12/2015 | GALA FINAL DE LIGAS 2015

GALA FINAL DE LIGAS 2015

O acto de entrega de trofeos das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto 2015 pon o punto e final ás Ligas Special Olympics Galicia 2015.

19/12/2015 | Santiago de Compostela

Máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual, daránse cita no Colexio La Salle para pechar, co acto de entrega de trofeos de Fútbol Sala e Baloncesto,  ás Ligas Special Olympics Galicia 2015, uns xogos que se veñen organizando cada ano a través de diferentes localidades galegas e que pretenden animar a tódalas persoas con discapacidade intelectual a practicar deporte, deixando de lado as diferentes limitacións e priorizando e fomentando as cualidades de cada atleta.

Unha ampla representación do Concello de Santiago apoiará esta entrega de premios coa participación da concelleira de Xuventude e Deporte Dona Noa Morales, a concelleira de Políticas Sociais Dona Concepción Fernández e o Concelleiro de Educación Don Manuel Dios. Tamén estarán outras autoridades como a viceretora da USC Dona Mª Dolores Álvarez ou o deputado de Deporte e Mocidade pola Deputación da Coruña Don José García Liñares.

Os equipos de Futbol e Baloncesto de ASPAS recollerán sendos trofeos que luciremos no salón multiusos da Asociación en San Marcos,  e os seus membros recibirán una medalla de recoñecemento polo seu esforzo.

¡PARABÉNS COMPAÑEIROS!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org