Por que ser protector/a?

A condición para ser SOCIO numerario e ser pai, titor ou representantes legais dunha persoa con discapacidade intelectual. Máis información.

Pero......

A Asociación ASPAS é un gran equipo de FAMILIAS, PROFESIONAIS, VOLUNTARIOS e COOPERANTES que creen nas PERSOAS que cada día demostran as súas CAPACIDADES con vontade e superación.

Se compartes isto, ¡podes unirte ó equipo!

 

¿Cómo?  Facéndote PROTECTOR.

O protector, coa súa achega, realiza unha labor constante de apoio á Persoa con Discapacidade Intelectual no logro da súa calidade de vida (defensa dos seus dereitos, relacións persoais, benestar emocional, desenvolvemento persoal, benestar material, benestar físico, autodeterminación, inclusión social, etc.)

Ó ser unha entidade sen ánimo de lucro, os poucos recursos que xeramos repercuten nas persoas con discapacidade intelectual, polo que a túa axuda permitiranos seguir crecendo e ampliando os nosos servizos, contribuíndo ao seu mantemento e mellora e permitindo unha maior estabilidade económica e independencia de recortes sociais.

Como parte da Asociación, poderás recibir información sobre as nosas actividades, loitas, logros e eventos....E con cada comunicación compartiremos un camiño de desenvolvemento e superación.

Por último e non máis importante... ao colaborar cunha entidade de UTILIDADE PÚBLICA poderás obter beneficios fiscais a a túa aportación desgrava na túa declaración da renda. E coa modificación da lei fiscal, podes obter máis beneficios fiscais.

  2014 2015 2016 e seguintes
PARTICULARES
Táboa de Deduccións
Primeiros 150 € 25% 50% 75%
A partir dos 150 € 25% 27,5% 30%
Doacións/aportacións maiores de 150 € á mesma entidade durante polo menos 3 anos. -- 32,5% 35%
EMPRESAS
Táboa de Deduccións
  2014 2015 2016 e seguintes
Donacións/aportacións en xeral. 35% 35% 35%
Doacións/aportacións plurianuais á mesma entidade durante polo menos 3 anos. -- 37,5% 40%

O voso apoio é moi  importante porque nos fai máis visibles na sociedade e facilita a plena inclusión.. PERSOAS COMO TÍ FANO POSIBLE, ÚNETE!



Asociacion ASPAS
http://www.asociacionaspas.org/
http://www.asociacionaspas.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=37