Colaboradores/as

Dende o seu nacemento, a Asociación ASPAS colabora e conta coa colaboración de Entidades Públicas e Privadas para a consecución da súa MISIÓN: Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, actualmente podemos destacar:

 

Administración Pública:

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA SOCIAL:

Xestionamos os seguintes contratos para a prestación de servizos a persoas con discapacidade intelectual:

• Prazas de centro de Día (U.A.P.).
• Prazas de Centro Ocupacional.
• Prazas de Residencia Asistencial con Centro de Día.
• Prazas de Residencia en Vivendas.

 

Resultado de imagen de conselleria de economia secretaria xeral

DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO E FORMACIÓN:

Durante os últimos anos participamos da subvención a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social.

 

 

Convenio para o programa de “Formación de Adultos”, destinado á mellora da formación cultural básica e a capacitación dos usuarios do centro ocupacional.

O Parlamento de Galicia mantén un convenio de colaboración en proxectos como a presentación da Exposición de "50 anos de historia".

 

Nos últimos anos a súa axuda estivo enfocada á mellora das instalación dos centros da Asociación, así coma colabora no programa de respiro familiar.

 

A colaboración co Concello de Santiago é constante a través de diferentes convenios de colaboración.

Cabe destacar o contrato de cesión de vivendas para o proxecto de inserción social e desenvolvemento dunha mellor vida independente de persoas con discapacidade intelectual. O último convenio de colaboración asinado en 2017 foi para o programa de respiro e/ou emerxencia familiar, que se desenvolve nestas vivendas.

 

Convenio de colaboración para a realización de prácticas externas do alumnado da USC.

Convenio para a realización de prácticas do alumnado de grao en pedagoxía e Grao en Educación social.

Convenio para a realización do prácticum das titulacións da escola universitaria de traballo social.

 

 Entidades Privadas:

 

Federación de Asociacións en Favor da Discapacidade Intelectual de Galicia

Somos membros fundadores e pertencemos a actual Xunta directiva.

Tamén participamos activamente nas Unidades de Desarrollo Sectorial e nos Grupos de Traballo que Fademga organiza para “tomar o pulso” ó sector e facer propostas técnicas á Federación e á Confederación ás que pertencemos:

• UDS PERSOAS CON NECESIDADES DE APOIO EXTENSO E/OU XERALIZADO, PARÁLISE CELEBRAL, PERSOAS CON  PSICOSE E AUTISMO.
• UDS AUTONOMÍA PERSOAL E DEPENDENCIA.
• UDS VIVENDAS E RESIDENCIAS.
• GRUPO DE TRABALLO DE XERENTES.
• GRUPO DE TRABALLO DE TRASTORNO DUAL.
• GRUPO DE TRABALLO DE EMPREGO E CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO.
• COMISIÓN DE TRANSPORTE.
• COMISIÓN DE ESTATUTOS.

 

Confederación Española de Organizaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo

A través da FADEMGA participamos na Xunta Directiva da Confederación, en grupos de traballo e nas entidades coas que colabora: AEDIS, etc.

 

 

 

Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual

Con ela temos un convenio de colaboración para o desenrolo e implantación de programas de ocio, tempo de lecer, deporte e promoción do voluntariado.

Ademáis de participar nos eventos, campionatos, campamentos e respiros que organiza, tamén colaboramos na organización dos desenvolvidos na comarca de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Fundación Pedro Barrié de la Maza

Un gran colaborador da Asociación, leva anos apoiando proxectos e axudas levadas a cabo na entidade.
O pasado ano, ademais de prestar unha axuda para as reformas do Centro Residencial, permitíronnos a participación no programa Más Social (e Más Social CONECTA), co obxectivo de promover un modelo de acción social que facilite ás entidades sociais galegas medios e estratexias que optimicen a súa xestión e contribúan a orientar á organización cara ao futuro cun crecemento sustentable.

 

 

 

Fundación ONCE para a cooperación e integración social das persoas con discapacidade.

Un dos maiores e máis veteranos colaboradores, os grandes proxectos da entidade foron avaados e apoiados pola Fundación ONCE, a última axuda destinouse á mellora de instalacións.

 

 

 

 

 

Fundación José Otero – Carmela Martinez

Colabora regularmente coa Asociación ASPAS na realización de diferentes actividades e proxectos da mesma, coma no programa de Respiro familiar.


 

 

 

Real Aero Club de Santiago

O Real Aero Club de Santiago leva 9 anos colaborando connosco realizando anualmente Cursos de golf para persoas con discapacidade intelectual da Asociación ademais de donación de material profesional.



Asociacion ASPAS
http://www.asociacionaspas.org/
http://www.asociacionaspas.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=25