Órgano de goberno

A nosa asociación réxese polo sistema de autogoberno e o principio de representación democrática, a través dos seguintes órganos:

1. ASEMBLEA XERAL:

A Asemblea Xeral é o máximo órgano de goberno e deliberación da asociación.

Está composta por todos os asociados numerarios e os seus acordos, democrática e estatutariamente adoptados, serán de obrigado cumprimento para todos os asociados.

2. XUNTA DIRECTIVA:

A Xunta Directiva é o órgano de goberno, representación e xestión da asociación en canto á defensa e consecución dos seus fins. O seu mandato é de 4 anos e compételle xestionar e representar os intereses da asociación, en canto as disposicións e directivas que marque a Asemblea Xeral.

Está composta principalmente por socios de número da asociación, pero tamén poden pertencer a ela todas aquelas persoas vinculadas moralmente coa persoa con discapacidade intelectual atendida que, pola súa valía, calidades, medios e disposición, poidan ser de grande axuda para a asociación.

O presidente da Xunta Directiva da asociación é sempre un socio de número sin vinculación ningunha como traballador asalariado da asociación, nin actividade ou negocio que poida crear conflito de intereses con esta.

 

Os cargos de representación legais da Xunta Directiva son puramente gratuítos e de liberalidade, non percibindo ningún tipo de honorarios nin retribución.

 

Xunta Directiva dende 2019

 

CARGO NOME E APELIDOS PERFIL

Presidenta

Mª Encarnación Montero Luces

Nai

Vicepresidenta

Mª José Andrade Garcia

Irmá

Secretaria

Carmen Vilanova Vázquez

Irmá

Vicesecretaria

Consuelo Gendre Gomez

Titora

Tesoreira

Carmen E. Taboada García Forniños

Irmá

Vicetesoreiro

Laureano Mosquera Mosquera

Pai

Vogal

Eugenio Rilo Iglesias

Pai

Vogal

Manuel Vilariño Quintáns

Irmá

Vogal

Mª Luz Martínez Calvo

Irmá

 



Asociacion ASPAS
http://www.asociacionaspas.org/
http://www.asociacionaspas.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=1