Transparencia > Financiadores

Financiadores

Financiación Pública:

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA SOCIAL:

Contratos coa Conselleria de Traballo e Benestar para a prestación de Servicios ás Persoas con Discapacidade Intelectual en:

  • Centro de Día:

12ª prorroga do contrato para reserva e ocupación de prazas en CENTRO de DÍA para Persoas con Discapacidade Intelectual, mediante modalidade de concerto e polo procedemento aberto, entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPAS, para 30 prazas a media pensión, por un importe de 389.568,00 euros e por un prazo dun ano dende o 01/01/2022 ata o 31/12/2022.

  • Centro Residencial con Centro de Día:

12ª prorroga do contrato para reserva e ocupación de prazas en CENTRO RESIDENCIAL con CENTRO de DÍA para Persoas con Discapacidade Intelectual, mediante modalidade de concerto e polo procedemento aberto, entre a Consellería de Política social e a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPAS, para 35 prazas en internado, por un importe de 920.186,40 euros e por un prazo dun ano dende o 01/01/2022 ata o 31/12/2022.

  • Centro Ocupacional e Vivendas:

12ª prorroga do contrato para reserva e ocupación de prazas en CENTRO RESIDENCIAL con CENTRO OCUPACIONAL para Persoas con Discapacidade Intelectual, mediante modalidade de concerto e polo procedemento aberto, entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPAS, para 42 prazas de atención diurna ocupacional a media pensión e 24 prazas de atención residencial en internado, por un importe de 652.273,56 euros e por un prazo dun ano dende o 01/01/2022 ata o 31/12/2022.

O desenvolvemento do proxecto conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do programa de incentivos á contratación das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha operación cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixo prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Grazas á concesión desta subvención a entidade ten contratadas a tres mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo: “Proxecto de dinamización asociativa e visualización das persoas con discapacidade intelectual" co obxectivo de organizar e dinamizar as diferentes actividades participativas na sociedade, tanto de deporte como de lecer, así como ofrecer os apoios e coidados necesarios ás persoas con discapacidade intelectual para levar a cabo ditas actividades.

Subvención que ascende a 34.935,18 € no ano 2019.

ASPAS ten unha ampla experiencia en labores de sensibilización social e visualización das persoas con discapacidade intelectual dende os seus inicios.

Estas labores fóronse ampliando e adaptando ás evolucións dos medios de comunicación e da sociedade, así como ao desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual partícipes da mesma.

Inicialmente, participando en actos e eventos como membros da comunidade e posteriormente é a  asociación quen realiza actos públicos abertos á participación da comunidade. 

Coa maior formación e preparación das persoas con discapacidade intelectual, son elas mesmas as que, con apoio, realizan charlas de sensibilización, especialmente en visitas a centros educativos.

Estas actividades compleméntanse coa edición de boletíns, trípticos, e material informativo, ata chegar ás novas tecnoloxías nas que recentemente entramos coa páxina web, facebook e twitter, entre outras plataformas de comunicación.

DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO E FORMACIÓN:

Subvención a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social, por un importe de 70.092 €. no ano 2021.

  

A Asociación Aspas, a través das axudas enmarcadas no programa de Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, pon en marcha o proxecto “Estudando o Camiño a Compostela”, cunha achega de 5.000 euros no ano 2021.

 

   

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social concede á Asociación Aspas unha subvención para realizar actividades de voluntariado que ascende a 1191,50 euros no ano 2021.

 

A través das subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social aporta 42.340,23 € para un proxecto de Mellora Enerxética para o autoconsumo nas instalacións de San Marcos no ano 2021.

Convenio de colaboración en proxectos como a presentación da Exposición de "50 anos de historia".

Axuda para o investimento da mellora da calidade dos servizos da Asociación Aspas por un importe de 22399,20 € no ano 2021.

Axuda para o programa de respiro e/ou emerxencia familiar de 14.500 € no ano 2021.

 

Convenio de colaboración para o programa de respiro e/ou emerxencia familiar de 6.000 € no ano 2021.

 

Financiación Privada:

 

 

Axuda de 5.500 € para a posta en marcha desta páxina WEB no proxecto Más Social CONECTA.

 

Axuda económica para a dotación dunha sala multisensorial por un importe de 22.465,70 € € no ano 2021.

Axuda económica para un sistema de enerxía aerotérmica nos centros da Asociación Aspas por un importe de 45.839,44 €.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 6

 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

 

Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org