Como membros de FEAPS asumimos a definición de discapacidade intelectual da AAIDD (American Association on Intellectual and Developmental Disabilities): "É unha discapacidade caracterizada por limitacións significativas no funcionamento intelectual e na conduta adaptativa que se manifesta en habilidades adaptativas conceptuais, sociais, e prácticas".
É dicir, a discapacidade intelectual:
-
refírese a limitacións nas habilidades que a persoa aprende para funcionar na súa vida diaria e que lle permiten responder en distintas situacións e lugares,
-
exprésase cando unha persoa con limitacións significativas interactúa coa contorna, por tanto, expresarase de maneira diferente dependendo tanto da propia persoa como das barreiras ou obstáculos que se atope nel, segundo sexa unha contorna máis ou menos facilitadora.

A definición actual elimina as anteriores categorías - lixeiro, moderado, severo e profundo- a favor dun novo modelo baseado nos apoios que require a persoa:
-
Apoio xeneralizado: prodúcese cando a necesidade de apoio é de forma constante e de alta intensidade. Ex.- necesidade de uso cadeira de rodas e non pode usala por se mesmo.
-
Apoio extenso: supón a necesidade de apoio de forma regular ou continua nalgúns ámbitos e contornas. Ex.- para ducharse correctamente.
-
Apoio limitado: cando se require de forma regular durante un período de tempo curto pero definido. Ex.- para ir de casa ao novo traballo.
-
Apoio intermitente: a necesidade de apoio é de forma esporádica. Ex.- Ao cambiar de lugar de residencia.
Ás persoas con discapacidade intelectual cústalles máis que aos demais aprender, comprender e comunicarse pero son un cidadán máis, coas súas capacidades e as súas limitacións e con posibilidades de progresar se lle damos os apoios adecuados.