Quen somos > A nosa historia

A nosa historia

 

1967:  CREACIÓN DA ASOCIACIÓN

O día 22 de marzo de 1967, no Salón de Actos da Residencia do Servizo Doméstico sito na Rúa Nova, ten lugar, por iniciativa de pais de persoas con discapacidade intelectual, o acto de fundación da Asociación ASPAS.

 

1968: INAUGURACIÓN DO COLEXIO DE EDUCACIÓN ESPECIAL (C.E.E.)

Poñemos en funcionamento o Colexio de Educación Especial “Nuestra Señora de la Piedad”, absorvido en 1975 polo C.E.E. La Barcia, dependente da Obra Social de Caixa Galicia e posteriormente da Administración.

 

 

1971: PRIMEIRO TALLER OCUPACIONAL

Creamos o primeiro taller de carpintería, co fin de dar unha formación profesional ós mozos que rematan a súa etapa escolar. En anos sucesivos fóronse ampliando os talleres ata crear en 1975 o Centro Ocupacional.

 

1975: INAUGURACIÓN DO CENTRO OCUPACIONAL

Tras a experiencia dos primeiros talleres ocupacionais e coincidindo coa cesión do Colexio de Educación Especial, chega o momento no que apostamos por concentrar os esforzos da Asociación en dar apoios ás persoas con discapacidade intelectual adultas que, rematada a educación primaria, tiñan serias dificultades para acceder a formación de cara ao emprego.

A sede sitúase nos baixos do Palacete de San Roque, cedido polo Arcebispado de Santiago de Compostela.

 

1976: DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA

Despois de anos de traballo, a labor da Asociación vese recoñecida cando é declarada de Utilidade Pública polo Consello de Ministros do 2 de xullo deste ano.

 

1979: PRIMEIRO CLUB DE OCIO

Creamos o Club de Ocio e Tempo Libre. Espazo esencial para o desenvolvemento persoal e a integración social.

Primeiros voluntarios (gracias ó seu entusiasmo e xenerosidade creouse este servizo),

Primeiros...Campamentos,
                     Festivais,
                     Excursións,
                     Saídas nocturnas,
                     Actividades deportivas,
                     Campionatos, 
                     .......E seguimos!

 

1985: INAUGURACIÓN DO CENTRO RESIDENCIAL "JUÁN VIDÁN TORRES"

Poñemos en funcionamento o Centro Residencial “Juan Vidán Torres” para persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extensos e xeneralizados, inaugurado polo entonces Presidente da Xunta, D. Gerardo Fernández Albor.

Está situado en Rúa a Xunlla, 2 -Laraño- Santiago de Compostela, terreos donados para a súa costrucción pola IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE SANTIAGO en febreiro de 1975.

Na actualidade atendemos a persoas que, polas súas características, precisan de axuda permanente doutra persoa para a realización das actividades da vida diaria.

 

1991: CONCESIÓN DA MEDALLA DE PRATA DE SANTIAGO

O Concello de Santiago de Compostela concede á Asociación ASPAS a Medalla de Prata da Cidade de Santiago de Compostela ó Mérito Cidadá pola súa labor e esforzo na mellora da calidade de vida das persoas con discpacidade intelectual e das súas familias, non só da comarca de Santiago, senón de toda Galicia.

 

1995-1998: CONSTRUCIÓN DO CENTRO OCUPACIONAL E O CENTRO DE DÍA

Iniciamos a construcción do novo Centro Ocupacional na rúa Sta Teresa de Jornet, nº19, (San Marcos), onde se traslada o Centro Ocupacional e a sede social da Asociación o 30 de xaneiro do 1998.

O novo centro dispón dun módulo para administración e atención ás familias, e unha ampla zona de Talleres Ocupacionais.

Nas mesmas instalacións créase tamén ó Centro de Día (UNIDADE DE ATENCIÓN PERSOALIZADA) e a Aula de Formación de Adultos.

 

2000: CONSTRUCION DAS VIVENDAS COMUNITARIAS

Iniciamos as obras das primeiras vivendas de residencia en San Marcos, con capacidade para 26 persoas.

Constan de 3 módulos con todas as comodidades dun fogar para a “gran familia” que forman os seus ocupantes.

Na actualidade, residen nela persoas con discapacidade intelectual que, con apoio de monitores, desenvolven a súa autonomía nas tarefas da vida diaria, así como as habilidades sociais e relacionais necesarias para a convivencia.

 

2003-2005: APOSTA POLA INSERCCIÓN LABORAL E CREACIÓN DO CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

En 2003 na Asociación ASPAS damos un paso máis na aposta pola inserción laboral participando en diversas iniciativas de emprego protexido. Co apoio de FADEMGA, persoas formadas no Centro Ocupacional inícianse no mundo laboral en empresas do noso contorno a través do Emprego Con Apoio (ECA).

A formación profesional desenvolvida no taller ocupacional de xardinería e a confianza do Concello de Santiago permitirán no 2005 a creación de postos de traballo para persoas con discapacidade intelectual ao amparo dunha empresa que lles proporcionará os apoios necesarios para a unha mellor integración laboral: o Centro Especial de Emprego AspasEmprego,S.L.

 

2007: CELEBRACIÓN DO 40º ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN

Ó longo do ano organizámos diferentes actividadese con motivo do 40º aniversario da Asociación. A destacar:

O ciclo de charlas informativas para familias e socios con temas de gran interese como a Incapacitación Xudicial, o Patrimonio Protexido ou a Lei de Dependencia en Galicia.

V Convivencia de Familias ASPAS, celebrada o 23 de marzo, contou ca presenza de autoridades municipais e autonómicas que non quixeron deixar pasar unha ocasión  tan importante para felicitar ás familias e profesionais da asociación pola labor realizada nestes anos.

 

2008-2009: CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE ISO 9001:2008

Durante o ano 2008, un grupo multidiscilpinar de traballadores do Centro Residencial "Juan Vidán Torres", participa activamente no curso de INTRODUCIÓN Á XESTIÓN DE CALIDADE e o seu traballo establece a base do SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE que se implantará no centro ao longo do seguinte ano 2009, conseguindo o CERTIFICADO DE CALIDADE na norma UNE EN ISO 9001-2008.

Paralelamente, o Centro Especial de Emprego ASPAS EMPREGO, implanta e certifica na norma UNE EN ISO 9001-2008 un sistema de xestión da calidade no seu servizo de xardinería.

 

2010: 25º ANIVERSARIO DO CENTRO RESIDENCIAL "JUAN VIDAN TORRES"

Con motivo dos 25 anos da inauguración do Centro Residencial "Juan Vidán Torres" organízanse diferentes actividades.

Xornadas de portas abertas para que as familias dos residentes coñezan mellor o día a día da residencia .

Unha Peregrinación adaptada na que participan familias, persoas con discapacidade intelectual e traballadores do centro.

Unha gran festa de peche por vacacións onde invitamos ás familias a participar con todos os residentes e o persoal do centro.

 

2013: HOMENAXE ÓS VOLUNTARIOS DE ASPAS

A Convivencia Familiar deste ano dedicouse ó Voluntariado de ASPAS co fin de conmemorar a súa dedicación, cariño e apoio nunha labor impagable realizada nestes 34 anos.

Unha comisión formada por membros do grupo de pais, do grupo de autoxestores e da Xunta Directiva da entidade organizou o evento localizando e invitando persoalmente ós  voluntarios que,

 

dende os inicios ata o ano 2.013, colaboraron coa Asociación.

Así todos puidemos agradecer a súa entrega co símbolo da man solidaria que elaboraron con moito agarimo dende o taller de cerámica.

 

 


2017: CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO

Ao longo do ano organizamos varias actividades para celebrar o aniversario, a destacar:

A publicación dun libro recollendo os 50 anos de historia da Asociación, mesas informativas pola cidade de Santiago,o Camiño de Santiago, Exposición da nosa historia, a Convivencia familiar, e a máis destacada a Gala de peche de celebración á que asistiron máis de 900 persoas.

Queremos agradecer a todas as persoas que participaron nos nosos actos polo seu apoio e colaboración.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org