50º Aniversario
50 anos creando oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual
Desde - Hasta: 01/01/2017 - 01/12/2017
¡Chegou o 2017 e ASPAS celebra o seu 50º Aniversario!
Temos programadas unha serie de actividades ao longo do ano para conmemorar este fito nas que están convidados a participar usuarios, familias, profesionais e voluntarios da asociación, e nas que desexamos que se implique o resto da sociedade.
No mes de MARZO comienzaremos os preparativos para facer o Camiño de Santiago baixo o título "ASPAS facendo o Camiño". Baixo o lema: "50 anos camiñando coas persoas con discapacidade", completaremos os últimos 100 quilómetros do camiño. A ruta dividirase en oito etapas que se percorrerán durante os fins de semana de abril e maio.
EN XUÑO terá lugar o acto principal do 50º Aniversario, a convivencia familiar de ASPAS: Convivencia 50 Aniversario.
Ese mesmo día presentaremos a todos os asistentes o resultado dos proxectos que estamos a levar a cabo coa intención de recoller a historia de ASPAS: un libro, un vídeo e unha exposición.
Ademais, os usuarios de ASPAS están a preparar un musical que será representado nesta celebración e que posteriormente tamén se poderá ver noutros lugares.
Durante os meses de SETEMBRO A NOVEMBRO, a exposición e o vídeo visitarán diferentes espazos da nosa cidade para dar a coñecer a Asociación ASPAS e a súa historia.
Ao longo deses meses tamén se instalarán mesas divulgativas en diferentes puntos da comarca de Santiago para achegar máis aos nosos veciños o labor que realiza ASPAS e os valores e ilusión que transmiten as persoas que a compoñen.
Finalmente, no mes de DECEMBRO e como broche da programación, celebrarase un Acto de Peche do 50º Aniversario.
Con este acto queremos honrar a todas as persoas e entidades que nos axudaron, durante este ano, a conmemorar como se merece o importante labor realizado e os logros conseguidos por unha Asociación de pais que, hai 50 anos, tiveron a valentía de coller aos seus fillos e fillas da man e saír á rúa para cambiar o mundo.
GRAZAS
COLABORADORES: